O Covelo | O Concello de Covelo informa que dende mañá sábado día 1 e ata o 3 de setembro a piscina pública municipal permanecerá aberta en horario de 12 a 20 horas os sete días da semana.
As persoas que queiran gozar dun bo baño na piscina de Covelo deberán aboar un prezo de entrada de 1,5€ para maiores de 12 anos e para os menores de 12 anos 1€. O Concello lembra que están a diposición do público a compra de talonarios de entradas con desconto do 50% para as persoas empadroadas e do 20% para as non empadroadas. Os talonarios deben ser solicitados nas oficinas do Concello en horario de 9 a 14 horas.