Santiago de Compostela | A utilización política e partidista da COVID-19 por Núñez Feijoo, que acapara toda a información e decisións sobre a pandemia nos medios de comunicación, aproveitando o traballo realizado polo persoal da sanidade pública no seu beneficio politico-persoal.
A pandemia chegou a unha Atención Primaria debilitada a deteriorada polos gobernos do PP, sen suficientes recursos humáns, materiais e organizativos. A Atención Primaria, que tería que ser fundamental para o seguimento, control e tratamento de enfermxs da COVID-19, tanto nos Centros de Saúde como nos seus domicilios, encontróuse ca falta de recursos, que limitou a súa capacidade para poder asumir esas novas funcións e poder continuar atendendo adecuadamente as outras patoloxías e demandas da poboación.
As barreiras de acceso aos Centros de Saúde e ás especialidades hospitalarias (que suspenderon consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas e non poder dedicarse as outras enfermidades non COVID-19), afectan á saúde da poboación e está xerando un gran malestar, tanto do persoal sanitario, como a nivel social; xs profesionais dos centros sanitarios, aos que se culpa pese a ser insuficientes, onde moitxs delxs estan en precario, pero eso sí: sempre comprometidxs.
A dificultade para comunicar cos centros de saúde e para recibir unha asistencia presencial, favorece que a poboación recorra ao sector privado o que incrementa as desigualdades de saúde. Recuperar a consulta presencial e a actividade normal dos Centros de Saúde, non debe supoñer volver á situación anterior de masificación e medicalizacion da Atención Primaria.
“A responsabilidade da situación nos Centros de Saúde e Hospitais é do SERGAS e da Consellaría de Sanidade, de onde saen as ordes para aplicar logo nos Centros”
A responsabilidade da situación nos Centros de Saúde e Hospitais é do SERGAS e da Consellaría de Sanidade, de onde saen as ordes para aplicar logo nos Centros.
Seguimos sen ter información transparente da situación de saúde e dos problemas coas vacinas que esta a crear gran preocupación social. A Xunta, aproveitouse desta alarma social, para modificar, por segunda vez, a Lei Galega de Saúde coa finalidade de recortar dereitos e liberdades cívicas fundamentais de xeito inconstitucional. O apoio social á loita contra a COVID-19, debe basearse no acordo e colaboración da poboación e non no temor a unhas sancións represivas e desproporcionadas. Resulta intolerable utilizar a pandemia para unha manobra de claro marketin político. Recordemos que na anterior reforma da Lei Galega de Saúde, quitáronse catro Áreas Sanitarias e a posibilidade da Participación Cidadá.
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, facemos un chamamento a poboación e aos profesionais sanitarios, para unha gran mobilización cidadá, que esixa o fin da utilización partidista da pandemia e a elaboración dun Plan para a Recuperación do Sistema Sanitario Público en Galicia.
“Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, facemos un chamamento a poboación e aos profesionais sanitarios, para unha gran mobilización cidadá, que esixa o fin da utilización partidista da pandemia e a elaboración dun Plan para a Recuperación do Sistema Sanitario Público en Galicia”
Os orzamentos da Xunta, e a financiación que veña da Unión Europea, deben destinarse a incrementar profesionais, darlles estabilidade e evitar a precariedade, mellorar as infraestruturas da atención sanitaria, a investigación de saúde, e aumentar categorías profesionais, como xs Psicólogxs Clínicxs, Terapeutas Ocupacionais, Fisioterapeutas, Logopedas, etc.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, convoca concentracións-manifestacións en tódalas localidades de Galicia. O 21 de abril, ás 20 horas.