A Guarda | O Concello da Guarda deu inicio este ano a outra iniciativa para seguir mellorando a imaxe da vila. En colaboración co artista local Antonio Martinez “Cachi” estase levando a cabo a creación dun mural na Praza de Avelino Vicente, unha das zonas da vila máis concorridas por veciñanza e visitantes a día de hoxe.
A pesares de que a obra aínda non está rematada, xa se pode apreciar nela a gran habilidade que ten este artista guardés para capturar a beleza e singularidade da nosa vila. O Concello invita a desfrutar do proceso creativo e a apreciar como a esencia do nos pobo se vai reflexando nesta espectacular obra de arte, que esperamos se converta nun punto de referencia para a comunidade e nunha atracción turística máis.