A Guarda | Dende a semana pasada a Praza de Abastos da Guarda acolle unha Exposición sobre o Proxecto Albufeira, coa cal se quere por de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga, adoptando medidas que garantan a súa conservación, así como a das especies máis directamente dependentes da auga.
Entre os obxectivos do proxecto Albufeira esta exposición está o de mellorar o coñecemento sobre o estado e o o potencial ecolóxico das masas de auga fronteirizas e transfronteirizas, en base a criterios comúns que permitan avaliar o grao de conservación das poboacións das especies de flora e fauna e dos hábitats vinculados ao medio acuático.
Tamén se pretende mellorar a coordinación, optimizar as metodoloxías de traballo e os recursos dispoñibles das administracións implicadas na xestión e planificación hidrolóxica, e mellorar as ferramentas de xestión conxunta dos recursos naturais transfronteirizos.
O Proxecto Albufeira quere dar a coñecer e sensibilizar sobre a importancia dos recursos hídricos no espazo transfronteirizo como riqueza conxunta, que é necesario protexer e aproveitar de forma sostible.
Esta exposición está cofinanciada polo FEDER a través do programa INTERREG V-A España Portugal (POCTEP)2014-2020.
Festa do Samaín
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín na Guarda.
Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade “Facemos un trato” coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.
Para a xornada do luns día 31 de outubro a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín dende as 17:30h da tarde con Obradoiros de Tatoos terroríficos e Pintacaras e a partires das 18:30h cn música a cargo do grupo “Crónicas Pop”, con animación de baile para a/os máis pequena/os.
O fin de festa será sobre as 20:30h cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para toda/os.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequena/os da casa.