Ponteareas | A Comisión Xestora de Alfombristas do Camiño de Santiago preparou dous grandes proxectos para o próximo Ano Santo; o primeiro denominado “Alfombras para o Camiño”, co que queremos poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela , a través de algo moi noso, como son as alfombras de flores que cada ano realízanse en centenares de vilas e pobos de Galicia e España ,con motivo das festa do Corpus Christi .
No proxecto de ALFOMBRAS PARA O CAMIÑO eliximos a cidade da Coruña como representante do Camiño Inglés; xa que é unha dos roteiros marítimos xacobeos que se utilizaban na Europa medieval para alcanzar Compostela os peregrinos procedentes dos países escandinavos, os Países Baixos, o norte de Francia e principalmente de Inglaterra, Irlanda e Escocia. Para iso, alfombristas de Ponteareas e Bueu desprazáronse á Coruña o sábado día 10 de xullo, para realizar esa alfombra na Praza de María Pita.
Sendo o motivo central da mesma a Torre de Hércules faro romano declarado Patrimonio da Humanidade no ano 2009. E faro que guía a chegada dos peregrinos a Galicia. Na variante desde A Coruña, tamén coñecida por Camiño do Faro. Acompañounos o concelleiro De urbanismo da Coruña D Juan Manuel Diaz, Francisco Canabal Comendador e Conselleiro da Orde do Camiño De Santiago, con D Jóse Duarte Maestre da Orde de Cabaleiros de María Pita e demais amigos.
Entre outros proxectos, propoñémonos elaborar diversas alfombras de flores, en lugares emblemáticos, de cada un dos distintos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, desde xaneiro a xuño para acabar rematando cunha gran alfombra floral en Santiago de Compostela o 25 de Xullo.