Madrid | O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou no acto de traspaso de Presidencia da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad. Dito acto tivo lugar durante a primeira xornada da Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid.
Deste xeito, o rexedor monfortino acompañou ó que foi o presidente da Red de Juderías de España en 2024, o alcalde do Concello de Plasencia, Fernando Pizarro García, e ó que dende hoxe é o presidente da Red para o ano 2025, o alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil.
Por este motivo, o acto tivo lugar no Stand de Galicia en FITUR, debido a que un concello galego é o que ostentará a presidencia da Red en 2025. Cabe recordar que Monforte de Lemos foi o primeiro concello galego en ostentar dita presidencia, no pasado ano 2023, sendo o seu presidente José Tomé.
No acto, no que participaron representantes das diversas cidades membro da Red de Juderías, que está integrada por 21 concellos, 3 deles galegos (Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui).
Neste acto de traspaso de presidencia, tamén tivo lugar a presentación do novo Xerente da Red de Juderías de España, o sevillano Iñaki Echeveste Calzada.
Tanto José Tomé coma os distintos representantes municipais aproveitaron o encontro en FITUR para poñer en valor o potencial e os recursos desta importante rede turística, cultural e patrimonial de concellos que contan nos seus conxuntos medievais cunha herdanza histórica, arquitectónica, medioambiental e cultural das comunidades xudías que formaron parte da historia de España.