O pasado venres 4 de novembro os Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino galegos sumáronse masivamente á iniciativa educativa relativa á conmemoración do “día da ciencia en galego”. O tema central da xornada foi o papel da muller na ciencia e as actividades versaron sobre o mundo da química, con múltiples actividades que, mesmo moitos centros, sacaron á rúa para darllas a coñecer aos seus veciños. As “videoconferencias” foron unha das máis seguidas; investigadores galegos da USC fixeron charlas dirixidas ao alumnado de primaria e secundaria, e mesmo puideron interaccionar estudantes e científicos vía chat. Desta forma déronlle pulo á declaración internacional da UNESCO que declarou o presente Ano Internacional da Química. Centráronse na combustión en xeral ao tempo que conmemoraron o centenario da concesión do Premio Nobel de Química a unha muller; Marie Curie (descubriu o Radio e o Polonio e rompeu moitos prexuízos sendo a “primeira” en dar clases na Sorbona ou en recibir un “nobel”)