San Cibrao das Viñas | A raíña Sofía presidiu en San Cibrao das Viñas o acto de celebración dos 25 anos do Banco de Alimentos de Ourense. “Esta é unha ocasión para poñer de releve a importancia desta entidade neste provincia e a alianza que mantemos dende sempre, e que foi especialmente importante durante a pandemia, cunha organización adicada a un fin tan nobre e con peso específico en toda España”. Dixo Manuel Baltar, presidente da Deputación.
O presidente da Deputación deulle a benvida a raíña Sofía a Ourense, lembrando os seus vencellos coa provincia: “Hoxe é 1 de marzo, día de San Rosendo. El puxo en marcha o mosteiro de San Salvador, que no ano 1984 recibiu o premio Europa Nostra polo seu traballo a prol do recuperación do patrimonio. Viñera a raíña Sofía a Celanova, como veu en 1990 ao mosteiro de Oseira -que tamén recibiu este premio-. Esta é unha oportunidade para lembrar a existencia que a Banda de Gaitas leva o título de ‘real’ pola súa intercesión”.
Tamén asistiron ao acto o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a conselleira de Política Social, Fabiola García; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome; o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández; o presidente da Federación Española de Banco de Alimentos, Pedro Llorca e o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices.
Manuel Baltar reivindica a alianza da Deputación e Banco de Alimentos: “O compromiso da Deputación co Banco de Alimentos, dentro da actitude social do goberno provincial. A Deputación ven de aprobar uns orzamentos que tamén son moi sociais, recoñecendo o traballo do Banco de Alimentos e fundamentalmente do seu voluntariado”.
O presidente da Deputación destaca como esta xornada supon un recoñecemento ao propio Banco de Alimentos: “Esta é unha oportunidade para comprobar o gran traballo que leva a cabo esta entidade, nestas instalacións coas que colabora a Deputación”.
“Reforzamos o compromiso do goberno provincial que presido para seguir nesta liña, no caso desta reunión para adquirir maquinaria que facilite o seu traballo e que así sexa máis doado desenrolar a súa gran acción social”.