Ourense | O vindeiro xoves 17 de febrero, presentarase no salón noble do Liceo de Ourense o número 6 da revista cultural “Nós, a Xente do Redor” coa presenza dos seus autores. Nesta ocasión a encargada de ilustrar a portada foi a pintora Valdeorresa, de Millarouso, Lola Doporto.
A revista conta tamén con ilustracions dos pintores Paco Ascón, Miguel Ángel Martínez Coello, Maite Vázquez e Lidia Vilariño Álvarez, ademáis dos ilustradores e fotógrafos habituáis.
Neste número incorpóranse novos autores coma os novelistas Jorge Emilio Bóveda e José Antonio Santos; os antropólogos Manuel Mandianes e Rafael Quintía que xunto ao elenco habitual conforman medio cento de persoeiros da nosa cultura.
Recollese tamén unha sentida homenaxe póstuma a José Antonio Viñas, fundador e director da Agrupación Cultural “Queixumes dos Pinos”, con artigos de Javier Enériz, Marina Sánchez e Marila Abad e Avelino Jácome así como o retrato de Viñas a toda páxina obra do pintor Miguel Ángel Martínez Coello.