O medio ambiente é patrimonio común da Humanidade, a súa protección e conservación necesita do esforzo solidario de toda a sociedade. Alcanzar a saúde ambiental do planeta está nas nosas mans, é unha tarefa de todos conseguir ese obxectivo desexable para toda a Humanidade, sobre todo tendo en conta que o aire que respiramos, a auga que bebemos, os alimentos que inxerimos, o solo no que residimos, os residuos que xeramos e a paisaxe que contemplamos, non teñen cor política nin económica nin raza nin relixión.
O medio ambiente non ten fronteiras nin límites xeográficos, é de vital importancia a cooperación das nacións dos cinco continentes e a coordinación dos actores principais que as representan, establecendo sinerxias e estratexias de actuación conxuntas por parte dos gobernos, remando todos xuntos na mesma dirección e contando coa participación de todos os axentes sociales, estando por encima de localismos, intereses económicos, ideoloxías políticas, etc.
Todos os seres humanos que habitamos o planeta temos que estar nas mesmas condicións de igualdade ante a saúde, a educación, a vivenda, e poder disfrutar dunha vida digna. Está nas nosas mans qué tipo de sociedade queremos deixarlles ás novas xeneracións. ¿Cal debe ser a nosa esperanza e o noso reto? Ser capaces de construir un mundo novo, un planeta en paz, máis xusto e solidario, máis saudable e sostible para todos os habitantes do planeta.
“Todos e cada un dos que habitamos o planeta, como cidadáns libres e responsables, temos a obriga de participar activamente na construcción desa nova sociedade de futuro”
Todos e cada un dos que habitamos o planeta, como cidadáns libres e responsables, temos a obriga de participar activamente na construcción desa nova sociedade de futuro. Xuntos e unidos podemos construir un mundo mellor, pero para conseguilo é preciso alzar a nosa voz e pasar de ser unha sociedade silenciosa a convertirnos nunha sociedade máis comprometida e participativa, de cara a loitar polo ben común.
Temos que aprender a traballar xuntos con aqueles que pensan distinto, xa que son moitas máis as cousas que nos unen que as que nos separan. É necesario reducir o nivel de crispación desta sociedade en todos os ámbitos da vida pública, especialmente na política. É necesario acabar coa corrupción.
Vivimos tempos convulsos e difíciles tras dous anos largos de pandemia, conflictos bélicos (invasión de Rusia en Ucrania, etc.), crisis enerxética e económica, e resulta lamentable que con tanto paro e moita xente pasando fame e as necesidades básicas sen cubrir, haxa tantas desigualdais sociais e máis corrupción que nunca (é preciso que a justiza sexa implacable cos corruptos, todos somos iguais ante a lei).
É lamentable que se dediquen tantos recursos a armamento para alimentar os conflictos bélicos, que o único que traen consigo é a destrucción e a perda de vidas humanas. Menos inversións en armamento, e destinar máis recursos para paliar a fame no mundo e as desigualdais sociais.
Dende o respecto á diversidade e á libertade individual do ser humano, temos que esforzarnos desde a nosa responsabilidade individual, en ser testemuña viva de comportamentos e talantes humanos impregnados dunha maior libertade responsable, honradez, tolerancia, solidaridade, defensa e respecto á dignidade humana, prevalecendo os valores éticos, morais e espirituaiss, que son os que sustentan o ser da persoa. Entre todos temos que ser capaces de construir un mundo novo para os habitantes do planeta, donde as palabras guerra, destrucción, violencia, corrupción, pobreza, non existan; ese día gañaremos o futuro. Que así sexa.