Ourense | O PSdeG-PSOE de Ourense recibiu a visita da secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, a quen as e os socialistas deron traslado das súas propostas para o “rescate urxente” do termalismo na cidade e na provincia.
Morillo estivo acompañada do Delegado de Goberno, José Miñones, do Subdelegado de Goberno, Emilio González, do candidato á Alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, dos deputados provinciais Rafa Villarino e Diego Fernández e dos edís Natalia González, Borja Trigás e Concha García.
Nunha visita ás Burgas, os socialistas ourensáns reclamaron a posta en valor do potencial termal da cidade e da provincia e denunciaron o abandono termal que padece Ourense polo desleixo do Goberno local e autonómico.
Ao tempo que lembraron o compromiso do Goberno central nesta materia con obras coma a variante norte, o investimento máis importante da historia na cidade, que permitirá impulsar o bulevar termal.