Tomiño/PSdeG-PSOE | Violeta de Santiago Moure, Secretaria Xeral e Voceira socialista de Tomiño representará a Agrupación socialista no Comité Provincial, máximo Órgano de decisión do PSdeG de Pontevedra entre Congresos, ao ser incluída nas listas que foron avaladas polo 98% dos Delegados e Delegadas do 4° Congreso Provincial celebrado este fin de semana en Vigo, e no que o Secretario Xeral, David Regades, foi reelixido para seguir á fronte dun partido forte, unido, municipalista e feminista.
A socialista tomiñesa valora este Congreso como o da unión e integración, así como de alegría e fraternidade, no que tamén houbo momentos de moita emoción homenaxeando a Eva García de la Torre e a tanta/os compañeira/os que xa non están pero que seguen nos nosos corazóns para sempre. Imposible conter as bágoas ó lembrar a referentes do socialismo de Tomiño como, Mario Rodríguez, Marisol Álvarez e Manuel Leirós.
Considera Violeta de Santiago que o socialismo de Pontevedra saíu desta cita congresual con forzas renovadas, moita ilusión e confianza no futuro para seguir mellorando os resultados nas vindeiras eleccións municipais.
Salientou que este ánimo permitirá seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, pensando sempre na veciñanza de todas e cada unha das parroquias de Tomiño.