A “Sestelo Clásica Álvaro Pino” pasará pola Cañiza

Será o 25 de maio con dous percorridos de gran valor paisaxístico

A Cañiza | O Alcalde Luis Piña e directivos da Asociación Deportiva Plan C, coordinan o paso pola Cañiza desta nova edición da marcha cicloturista.

Este ano cunha parada técnica para avituallamento no Alto da Franqueira, a carón do Santuario, lugar no que o Concello volverá a ofrecer aos participantes un bocata do mellor xamón cañicense.

Este gran fondo ciclodeportivo de carácter non competitivo, que se celebrará o vindeiro 25 de maio, pasará por 8 concellos con dous percorridos. Un máis curto de 75km e un 2º circuito longo de 129 km.

O trazado desta nova edición discurre por un territorio cun alto valor paisaxístico, dominado polo curso dos ríos Miño e Tea e monumentos como Santuario da Franqueira ou o Castelo de Sobroso.

A marcha, que leva o nome do ilustre exciclista ponteareán Álvaro Pino, aspira a consolidarse como unha das referencias do calendario cicloturista nacional.

O evento conta cunha páxina web www.clasicaalvaropino.com a través da cal se poden realizar as inscricións, coñecer máis a fondo a proba e manterse informado das novidades.

As inscricións xerais pechan o vindeiro 13 de abril e as inscricións básica e premium unha semana antes da realización da proba.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.