Tui | O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.
Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios: 10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos) 12:00h visita laboratorio e vídeo proceso depuración (menores 12 anos acompañados) 16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos) Os horarios estarán suxeitos a posibles modificacións en función do número de participantes en cada quenda. Os interesados poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es
Xuntanza coas parroquias
Ao longo das próximas semanas o equipo de goberno de Tui vai manter xuntanzas coa veciñanza de todas as parroquias para coñecer de primeira man as necesidades de cada unha delas e escoitar as preguntas e rogos que poidan formular tanto ao alcalde coma aos membros do equipo de goberno.
A primeira reunión terá lugar mañá xoves, 13 de marzo, ás 20.30 h no local do Sindicato en Malvas. Este venres, 14 de marzo, ás 20.30 h será na casa cultural de Areas. Nas próximas semanas continuarán as reunións en Rebordáns (17), Pazos de Reis, (18), Paramos (19), Pexegueiro (21), Caldelas (24), Baldráns (25), Ribadelouro (26), Randufe (28), e Guillarei (2 de abril).