Ponteareas | No marco do programa La Noche en 24 horas (Canal 24 horas da TVE), o xornalista Xabier Fortes entrevistou a Roberto Mera este 12 de decembro ao redor do seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” e a edicion en español “Alejandro Viana. La proeza del rescate de los refugiados republicanos”.
Cando se cumpren 85 anos das expedicións marítimas que conduxeron a miles de refuxiados españois ao exilio en América, o programa deu a coñecer a historia do deputado republicano Alejandro Viana, documentando a súa decisiva intervención para a evacuación dende Francia cara América de 17.000 refuxiados republicanos tralo final da guerra civil española. A entrevista tivo unha audiencia de máis de 130.000 espectadores. Pódese ver a entrevista completa no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=ITDwZocEEYI