Santiago de Compostela | O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no peche do proxecto EUROCIDADE_2020 na Eurocidade Chaves-Verín, onde destacou o traballo levado a cabo no marco do proxecto.
O director xeral resaltou que os proxectos presentados por Chaves – Verín no marco do ¨Plan de Reactivación da Cooperación de Proximidade na fronteira do Norte de Portugal con Galicia. Resposta aos efectos da Covid-19” foron asumidos pola Xunta que enviou ao Goberno Central para a súa consideración no plan dos dondos “Next Generation UE”. Os proxectos teñen que ver coa movilidade, medio ambiente, turismo, augas termais ou innovación, entre outras.
A Xunta apoiou o proxecto EUROCIDADE_2020 ao estar inserido nas grandes propostas europeas, en sintonía coa Estratexia Europa 2020, coa finalidade de potenciar a cooperación transfronteiriza como elemento xerador do crecemento económico intelixente, inclusivo e sostible.
“A Xunta apoiou o proxecto EUROCIDADE_2020 ao estar inserido nas grandes propostas europeas, en sintonía coa Estratexia Europa 2020”
Tamén pola aposta polo emprego xuvenil co obxectivo de apoiar e fomentar o emprego da xuventude na eurorrexión. Ademais, a Eurociudade Chaves-Verín, é unha ferramenta da cooperación de proximidade apostando polos cidadáns, en especial, a mocidade.
Finalmente, o director xeral animou a que a Eurocidade Chaves-Verín reflexione sobre o futuro de Europa nun momento actual no que a Conferencia sobre o Futuro de Europa ofrece aos cidadáns un papel máis importante na configuración das políticas e ambiciones da UE.
Na sesión oficial do acto asistiu tamén o presidente da Eurocidade Chaves-Verín (presidente da Cámara Municipal de Chaves), o director da Eurocidade Chaves-Verín, así como a vicepresidenta do Conselho directivo do Instituto Português do Desporto e Juventude.