Mos | O Consello da Xunta de Galicia aprobou esta mañá de maneira definitiva o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para o desenvolvemento do Galicia Sports 360 do RC Celta que dá continuidade á Cidade Deportiva Afouteza.
Deste xeito, e tras a abrobación do PIA en Consello da Xunta, as obras do GS360 comezarán de maneira inmediata.
Este trámite supón a culminación dun proceso iniciado hai dous anos polo RC Celta para revolucionar a industria do deporte galego e impulsar o crecemento do club, que con esta actuación logrará potenciar e fortalecer a súa canteira e posicionarse como un referente na formación académica e deportiva a nivel internacional.
Cómpre lembrar que o pasado 31 de marzo o Director de Infraestructuras e Relacións Institucionais do RC Celta, Carlos Cao Pérez, presentou ao remate do Pleno Ordinario do Concello de Mos, no apartado de Resolucións e Comunicacións, o novo proxecto do clube celeste, o Galicia Sports 360.
Naquel momento Cao daba a coñecer en detalle a nova dotación deportiva, de investigación, innovación e formación.
Ante esta gran nova a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca hoxe que “a singularidade deste PIA é o máximo respeto e integración co territorio de Mos como sempre se defendeu dende o Concello”. E insistiu a rexedora local mosense en que “todos os concellos de Galicia estarían orgullosos de acoller este proxecto de interese autonómico de carácter dotacional deportivo e de total respeto ao medio ambiente”.
Nidia Arévalo puntualizou que “aínda con todos os recursos, reclamacións e demandas interpostas, ao final o tempo dá a razón ao Concello conseguindo un proxecto final de consenso e de respeto a toda a veciñanza, con todos os informes favorables e con todas as denuncias arquivadas”. E insistiu Arévalo en que “o Galicia Sports 360º é un proxecto referente mundial que situará a Mos ao nivel de París, Berlín e Londres e que será Subsede do Mundial 2030”.
Deste xeito a rexedora local mosense celebra que “Mos se atopa hoxe de noraboa” e destaca Arévalo que “a gran transformación e o ‘boom’ en materia de novas dotacións e equipamentos que vai supoñer esta nova infraestrutura deportiva estratéxica e referente internacional marcará un antes e un despois para o noso municipio”. O Galicia Sports 360º contará tamén con servizos de restauración, e como xa se dixo, hotel para diferentes programas deportivos desenvoltos no complexo. Ademais o proxecto inclúe áreas de aparcamento e espazos libres naturais.
Este proxecto vén precedido dunha serie de trámites administrativos que se iniciaron no ano 2022, que é cando o Real Club Celta de Vigo presenta solicitude de declaración de interese autonómico para Galica Sports 360º, que ese mismo ano é declarado de interese autonómico polo Consello da Xunta de Galicia. En mayo de 2023 resolveuse a avaliación ambiental e en xullo de 2023 acordouse aprobar inicialmente o proxecto.
Trátase dun proxecto que suporá unha inversión de 110 millóns de euros e co que se actuará nunha duperficie de 242.168 m2. Incluirá a xa existente Cidade Deportiva Afouteza e, a maiores, Universidade do Deporte, Colexio internacional, Centro de alto rendemento médico, Centro demostrador e tecnolóxico, Centro de eventos e conferencias, Miniestadio, Residencia e hotel.