A Xunta de Galicia inviste máis de oito millóns nos centros educativos de Ourense

Vintecinco mil foron para o CPI Terras de Maside

Ourense | Manuel Pardo, delegado delegado da Xunta en Ourense, comprobou o remate das obras de renovación do baño de nenos e discapacitados da planta baixa e a instalación dun lavabo novo na aula de tecnoloxía do CPI Terras de Maside, nas que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional investiu 25.582,56€.

Pardo significou que ao longo deste ano a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense 128 actuacións, pequenas obras, cun investimento de 2.848.163€, e están en proceso de execución 6 grandes obras (renovación da cuberta do CEIP Castrelo de Miño; renovación das carpinterías do IES Celanova; substitución dos cadros eléctricos do IES 12 Outubro, e ampliación do CIFP Vilamarín, o IES Blanco Amor e o IES Chamoso Lamas) que suman máis de 5,4M€; un total de máis de 8M€; “o que fala ás claras do compromiso do Goberno galego coa modernización do sistema educativo, a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, iniciado en 2021, e que recentemente o Presidente Rueda anunciou a súa prórroga tres anos máis, cun investimento inicial de 210M€”.