Ourense | A Xunta entregou esparelladores de sal ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Baños de Molgas, Barbadás, Cortegada, Maceda, Muíños, Petín, A Pobra de Trives e Xunqueira de Ambía, que resultaron beneficiarios da orde de axudas do Goberno galego para equipamentos de emerxencias, dotada con 932.400 euros.
Os concellos adxudicatarios están incluídos no Plan Nega (Plan de Nevaradas de Galicia) que teñen unha altitude media por enriba dos 500 m. e resultan ser os mais castigados por xeadas e nevadas, o que fai moi necesario este material para manter a viabilidade nas vías de comunicación de titularidade municipal.
O material de emerxencias cedido aos concellos inclúe, ademais das 37 tendas de campaña para emerxencias, 12 remolques, 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 4 UTV (Utility Task Vehicle), 12 coitelas para retirada de neve, 12 esparexedores de sal e 4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.