O Porriño | A Concellería de Educación amosa a súa satisfación de ter acadado que “en 24 horas a Xunta de Galicia asuma as súas responsabilidades” e, polo tanto, atenda o urxente arranxo da cuberta do CEIP da Cruz, en Budiño que presenta un risco importante, segundo acreditou un informe da arquitecta municipal.
A directora do devandito colexio, despois de recibir esta mañá a visita ao centro do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, solicitou á concelleira Moure Varela que non envie aos Bombeiros pasado mañá venres para a desmontaxe das partes da cuberta que se atopa en peor estado. A directora do CEIP indicoulle á concelleira de Educación que a Unidade Técnica da Consellería de Educación da Xunta manifestoulle que vai facer unha valoración da situación do inmoble e emitir un informe”.
Deste xeito, o Concello do Porriño “considerase eximido de calquera responsabilidade que poida acontecer” e, por outra banda, “quedamos ca plena tranquilidade de ter actuado en canto se nos demandou”, segundo valorou a concelleira, Lourdes Moure.