Vigo | Abel Caballero mantivo un encontro afable coa cónsul do Consulado Xeral de la República de Argentina en Vigo, Silvina Montenegro. A representante do país suramericano valou xunto ao alcalde os anos de traballo na cidade. Ambos mandatarios despedíronse e agradeceren a colaboración mutua entre administracións.
Retiro do anteproxecto da Lei do ciclo integral da auga
O edil socialista, Jaime Aneiros, sinalou que o anteproxecto agocha un incremento do custo da auga para as familias e os concellos incorporando tres novos canons ou “tarifazos”: a xestión da depuradora, o canon sobre perda de auga de abastecemento e o canon de redes de colectores.
Así, explicou, o anteproxecto mantén a taxa que supón un sobrecusto de 6 euros en cada recibo das familias de Vigo o que transloce a “voracidade recadadora da Xunta de Galicia” segundo Aneiros, que cualificou de “anticonstitucional” este anteproxecto.
Xabier Pérez Igrexas, edil non adscrito, cualificou de “burda fraude” o anteproxecto da Lei de mellora do ciclo integral da auga da Xunta de Galicia que carga a concellos, usuarios e entidades de xestión e que transfire obrigas da súa competencia.
Rubén Pérez, concelleiro do grupo mixto, criticou o nivel de improvisación do goberno autonómico con esta Lei e expuxo a preocupación pola proposta de creación dunha sociedade mercantil, o que “encobre un proceso privatizador”. O voceiro popular, Alfonso Marnotes, negou que o anteproxecto vulnere a autonomía local e impoña competencias aos concellos porque “é voluntario”.
A moción socialista foi apoiada polo concelleiro non adscrito e o grupo mixto fronte o rexeitamento do PP.
Amais, a sesión plenaria acordou instar á Xunta de Galicia a asumir a responsabilidade política, coas dimisións que correspondan, por non conseguir executar a ampliación do Ifevi no prazo que prometeran de forma reiterada, ocasionando un grave prexuízo a Conxemar e á economía da cidade de Vigo.
O voceiro socialista, Carlos López Font, apuntou que desde a adopción formal do acordo de ampliación na reunión do Padroado do 30 de decembro de 2019, o Concello e a Deputación tiveron que reiterar varias veces a urxencia do proxecto e a necesidade de acelerar os trámites administrativos por parte da Xunta “que sempre dicía que se cumprirían os prazos”. A proposta foi rexeitada polos populares e abstivéronse o concelleiro non adscrito e o grupo mixto.