Ponteareas | A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez, informa do comezo de novos cursos na Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente. A aula CEMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando, sempre que se conseguen grupos, o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía, por este motivo o responsable dos cursos recorda que se poden achegar á aula CEMIT suxestións para estudar as necesidades de formación informática e programar distintos niveis e contidos a medida da demanda.
Debido ás circunstacinas actuais, a aula CEMIT abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán a impartirse neste mes de xeito non presencial:
- INICIACIÓN SITIO WEB CON WORDPRESS.COM: Cun total de 9 horas/mes.
Martes e mércores con unha hora e media diaria de 17:30 a 19:00 hrs. - INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO CON SOFTWARE LIBRE (Inkscape, Gimp, etc.): Cun total de 12 horas/mes.
Xoves e Venres 17:00 a 19:00 hrs. do 11 ao 26 de febreiro. - MANEXANDO O GOOGLE DRIVE: Cun total de 3 horas/mes.
Do Martes 9 ao xoves 11 de febreiro de 19:30 a 20:30 12:00hrs. - FOTOS ANTIGAS RESTAURACIÓN CO MÓBIL E IA: Cun total de 2 horas/mes.
Venres 12 de febreiro de 10:00 a 12:00hrs. - INICIACIÓN PROCESADOR TEXTOS LIBREOFFICE: Cun total de 12 horas/mes.
Luns, Martes e Venres do 15 ao 26 de febreiro de 10:00 -12:00 hrs. - GIMP: INICIACIÓN RETOQUE FOTOGRÁFICO: Cun total de 8 horas/mes.
Martes e Mércores do 16 ao 24 de febreiro entre as 19:30 e as 20:30hrs. - APPS RETOQUE E MELLORA FOTOGRÁFICA DO MÓBIL (Snapseed, Toolwiz Photos, etc.): Cun total de 4 horas/mes.
Quenda de Mañá: Martes 23 a viernes 26, una hora diaria de 12:30 a 13:30hrs
Quenda de Tarde: Xoves e Venres 19:30 a 20:30 hrs. do 18 ao 26 de febreiro.
O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.
Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962
Ademais poderán contactar coa aula CEMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal
O concelleiro de Desenvolvemento Tecnolóxico anima á veciñanza a contactar coa aula CEMIT e trasladarlle as súas necesidades formativas para deseñar de xeito participativo os vindeiros cursos e adaptalos o máximo posíbel e optimizar así moito máis este servizo público ofrecido totalmente de balde.
“Este servizo gratuíto será deseñado en base a demanda existente coa finalidade de aproveitar ao máximo posible este recurso sendo unha boa ferramenta para obter maiores coñecementos, mellorar o curriculum e tamén para achegar ás persoas entendendo as novas tecnoloxías como elemento socializador. Máis ca nunca é indispensábel que as persoas maiores manexen plataformas e aplicacións dixitais que lles permita manter o contacto cos seus e, á vez, ofrecer un espazo no que obter novos coñecementos de maior nivel sen ter que saír da túa vila”, explica o Benito Márquez.
Os cursos da aula CEMIT teñen como obxectivo reducir a brecha dixital, achegar as novas tecnoloxías á cidadanía en xeral e ofrecer formación útil para mellorar o curriculum e os coñecementos das persoas na liña tamén marcada polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS 2030).