Aberto o prazo de presentación das solicitudes para os campamentos de verán en A Guarda

A Guarda | A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017.

campamentos

 

Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2017 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Idades: poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos.
-Os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
A adxudicación das prazas será por sorteo.

Prezo: O prezo rolda entre os 113€ – 232€ na nosa comunidade e noutras comunidades autónomas ata 293€.
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%.
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de maio pero na OMIX terán que entregarse ANTES desa data.
Máis información no seguinte enlace http://xuventude.xunta.es/index.php?option=com_content&view=article&id=50 ou na OMIX da Guarda.