Salvaterra de Miño | Dende o Concello de Salvaterra de Miño infórmase que a partir do luns estará aberto o prazo para presentar as solicitudes para os postos de comida e bebidas nas festas do Viño do Condado do Tea e na Festa do Viño espumoso. Todos os interesados poderán consultar a documentación na sede electrónica do Concello.
Os postos que se sacan a concurso son o bar, postos de embutidos, de venda de marisco, asado, churrasco, polbo, filloas, de xamón, taperías, postres, productos gourmet, pizzas. O prazo para presentar as solicitudes son de 5 días Naturais a partires do día seguinte da súa publicación en sede electrónica