A Cañiza | O Concello da Cañiza anunciou a reapertura a partir do 18 de setembro do prazo de matriculación da piscina climatizada para a tempada 2023-2024.
Ademáis o Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá que a título promocional, excepcionalmente para esta tempada 2023-2024, do 18 de setembro ao 31 de outubro, ambos inclusive, os gastos de matriculación serán gratuítos.
Aquí vos deixamos todas as actividades e modalidades que se desenvolverán neste novo curso, tanto na piscina climatizada como no ximnasio municipal, con detalle dos horarios, prezos e bonificacións.
A partires deste luns 18 de setembro, xa se poden formalizar as matrículas na instalación municipal que permanecerá aberta para atender ao público en horario de mañá e de tarde.