Abogados Cristianos, Manos Limpias e Hazte Oír.

Un colega, cando se alporiza ten o feo costume de cagarse en Dios, na Virxe e en tódolos Santos. Sempre lle recordo que un día calquera os Abogados Cristianos poden presentar unha demanda contra el e que esta sexa admitida a trámite por un xuíz próximo ós postulados de Manos Limpias ou Hazte Oír. Un deses que tanto abondan no noso desacreditado sistema xudicial. Se fose declarado culpable de ferir os sentimentos cristiáns, seguro que non pararía de cagarse en Dios per secula seculorum.

Recórdolle tamén, que aparte da sanción económica este delito leva consigo, como acto de reparación, algún traballo en beneficio da comunidade cristiá á que pertencen os membros desta caterva. Ao último condenado por cagarse en el Señor, obrigárono a rezar o rosario diante da sede do Partido Socialista e a repetir 50 veces, para poder saltar dunha boliña a outra: “Me cago en Dios, es pecado”. O moi cabroncete, a primeira parte da oración pronunciábaa moito máis alto que a segunda. Parece sacado do filme A vida de Brian. En concreto da escena na que cazaran ao protagonista facendo unha pintada con faltas do ortografía e como castigo obrigárono a facer a mesma pintada, no mesmo sitio, mil veces, pero escrita correctamente e dicir, respectando as declinacións latinas.

“O meu amigo como crente que é, pensa que O Todopoderoso ten que ser alguén con moito máis sentido do humor”

O meu amigo como crente que é, pensa que O Todopoderoso ten que ser alguén con moito máis sentido do humor como para ofenderse cada vez que alguén conta o chiste de cando estando El na cruz di: “José acércate y bésame el pie, Montoya ven y bésame la…, ¿pero dónde anda Montoya?”. Cree, que tanto lle ten que alguén se cague nel ou na súa Nai. Se nós cagámonos na nai dos nosos mellores amigos, porque se vai enfadar El, se alguén se caga na Virgen, dime cheo de razón.

E continúa explicando o seu xeito de ver as cousas: “O meu Deus, non perde o tempo con reflexións sobre si obstaculizar a vida social entre un gameto masculino e outro feminino é un crime de lesa humanidade, tampouco en disquisicións sobre si La Hermandad del Coño Insumiso debe ou non debe sacar en procesión al Santo Chumino Rebelde para non ferir os sentimentos católicos. Nin inviste o seu tempo en salvar a vida dos cigotos, senón que estará máis centrado en salvar, entre outras, a dos nenos palestinos, ucraínos ou a daqueles cuxos cadáveres aparecen nas praias nas que nós, deitados placidamente ao sol, torramos a nosa pel. A estes iluminados xamais os veras facendo un escrache a alguén que si podería evitar a morte de miles de nenos. A súa valentía a gardan para acosar a unha muller, que está soa e desamparada, diante da porta dunha clínica abortiva”.

A miña impresión é, que o Altísimo ten que estar avergonzado cada vez que un destes individuos, que conforman este exército de fariseos e que se autoproclamaron como os defensores do Catolicismo, fala no seu nome. A súa última cruzada consiste en levar un autobús por España adiante no que se pode ler: “Los niños tienen pene y las niñas tienen vulva”. Todo un descubrimento para a comunidade científica.

O que si creo, é que estes católicos de gama alta teñen un so pene, unha soa vaxina e tamén unha soa sinapse. A que lle serve para conectar as únicas dúas neuronas que habitan na escasa materia gris que hai no seu encéfalo. ¡Hazte oír, hacéroslo ver!

Mestre no CEIP de Salvaterra de Miño.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.