Ponteareas/ACiP | A Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia require o Concello por medio dun oficio sobre as incidencias detectadas na inspección realizada o 2 de xullo de 2021, e a data de hoxe non foron emendadas.
“O informe demoledor sobre a falta de medidas sanitarias nas praias fluviais municipais e unha mostra máis do desinterese do Concello”
Segundo o Portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera, o informe demoledor sobre a falta de medidas sanitarias nas praias fluviais municipais e unha mostra máis do desinterese do Concello no obrigado cumprimento das normas que son obrigatorias para garantir medidas sanitarias de prevención anticovid.
Devandito oficio composto por tres páxinas detalla unha a unha os incumprimentos na mesma, e lamentablemente a data de hoxe seguen sen cumprirse expoñendo aos usuarios a un problema sanitario.
Di textualmente:
1 En relación coas medidas de prevención COVID:
1.1 En ningunha das praias S. Roque, A Freixa I e A Freixa II exponse a capacidade máxima en función das restricións para aplicar as limitacións de acceso á zona de Baño.
Tampouco se atopa información sobre as medidas de prevención COVID.
1.2 Nas praias de S. Roque e A freixa I , os usuarios non dispoñen de cartelería coas normas de hixiene e prevención fronte ao COVID-19 que deben manter.
1.3 Na praia de S. Roque as persoas usuarias non dispoñen de papeleiras na zona de baño.
1.4 Nas praias da Freixa I e A Freixa II as persoas usuarias non dispoñen de papeleiras na zona de baño.
2 En relación ao programa de vixilancia sanitaria:
2.1 No areal obsérvase presenza de cristais, madeiras, residuos orgánicos, material téxtil, caixas de tabaco así como gran cantidade de latas en dúas zonas.
2.2 Presenza dunha vertedura de augas fecais domiciliarias con cor agrisada, baixo a ponte, na marxe esquerda do rio fronte a praia. (Esta vertedura xa foi detectada en inspeccións anteriores en datas: 27/06/2019, 05/07/2018 e 08/06/2017).
Na Praia da Freixa I:
2.3 Na auga hai presenza de grandes troncos situados na zona de dique.
2.4 No areal presencia de plásticos, madeiras e abundantes cabichas.
2.5 Na marxe dereita, obsérvase presenza de papeis e plásticos.
2.6 No paseo Fluvial situado á marxe dereito do rio, atópase unha fonte de dous caños sen sinalizar.
Na Praia da Freixa II:
2.7 presenza de madeiras e plásticos tanto na auga como no areal.
2.8 A escaleira de madeira de baixada non dispón de varanda suficiente para acceso ao areal.
2.9 Obsérvase a presenza de escuma persistente na auga na marxe esquerda do rio, zona preto das vivendas.
2.10 Na zona da praia da marxe esquerda do rio, xunto ao paseo de cemento, obsérvase a presenza de obxectos de materiais de plástico incrustados en material duro de aspecto rochoso que se descoñece a súa composición.
Os residuos poden supoñer un risco para a saúde dos bañistas segundo a lexislación vixente.
Deben manter exposto o cartel da clasificación sanitaria final da auga do baño e calquera outra información relevante establecida regulamentaria.