Ponteareas/ACiP | Na tarde de onte, Alternativa Ciudadana de Ponteareas presentou a súa Oficina de Atención Cidadá, que buscará ter un contacto directo cos veciños e atendelos diariamente nas súas necesidades, tratando de guialos e axudalos ante diferentes trabas administrativas.
Esta Oficina estará aberta de luns a venres de 10h a 13h, e instalarase na nova sede que ocupará ACiP a beira do Concello de Ponteareas, na Rúa Virxe dos Remedios Nº2, Baixo Esquerda.
A formación tomou a decisión de abrir esta instalación, despois de reclamar durante anos que as formacións municipais, como representantes da veciñanza, deben contar cun espazo propio na Casa do Concello. Desta forma facilitaría as reunións cos cidadáns e realizar as labores de oposición, pero o goberno composto por BNG e PSOE negounos este dereito.
Están demostrando o que significa para eles a transparencia e o funcionamento democrático da corporación deste consistorio, como se observan en feitos como o de fai un ano, cando a ACiP déronlle a razón no xulgado porque non se lle permitía acceso a documentación municipal.
Como sinala o líder da formación, Juan Carlos González Carrera: «Queremos que este sexa un local para todos, o cal nos permitirá estar o carón da veciñanza a diario. Aquí os cidadáns de Ponteareas serán escoitados, buscarémoslle unha solución e ofrecerémoslle unha resposta».
Aproveitando esta presentación, Alternativa Ciudadana de Ponteareas presentou o seu novo logo, no que realiza unha evolución do anterior, así como as novas cores representativas da formación, na que o tons verdes continúan sendo predominantes, como se observa na fachada da nova sede.