Ponteareas/ACiP | Por todo o mundo é sabido que o municipio de Ponteareas viuse afectado, entre os últimos días do 2022 e comezo deste ano, polas intensas precipitacións, que incluso causaron o desbordamento do caudal do río Tea. Este feito xerou múltiples desperfectos que se produciron dentro do noso Concello, algúns tan importantes que todavía afectan a comunicación interna nas parroquias.
No Pleno Ordinario do mes de xaneiro, Alternativa Ciudadana de Ponteareas apoiou unha demanda grupal, que solicitaba a outras administracións axuda para poder sufragar o gasto que conlevaría restablecer a normalidade da veciñanza, valorado nuns 600.000€.
Tras tres meses a situación continua sen solventarse, cun goberno local instalado na constante evasiva. Somos coñecedores de casos nos que os veciños vense obrigados a realizar un longo percorrido alternativo para chegar as súas vivendas, como na parroquia de Fontenla entre os barrios de Barbáns e O Ceo onde quedou derrubada a ponte que os conectaba.
Tamén queremos destacar os danos nos nosos valores patrimoniais como cidade, xa que as pontes medievais (a dos Remedios; a das Partidas; a de Angoares; a de Ponte Maceira etc.) sufriron importantes danos nas estruturas e petriles; así como a senda que transcorre paralela o Tea.
Para Juan Carlos González Carrera, candidato de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, “nós temos claro que hai que actuar inmediatamente. O Concello conta con capacidade para afrontar ese gasto mentres non chegan os fondos doutros entes”. Ao que engadiu que “este tema levámolo o Pleno de febreiro e ao do pasado martes, en ningún caso se puido debater, xa que a alcaldesa permitiu demorar excesivamente a duración dos debates, creemos que intencionadamente ao non ter interese en tratar a súa inacción ante esta problemática”.
Como sinalamos, para a nosa formación debe ser inmediata a reparación de todos os danos existentes na memoria aprobada no pleno de xaneiro, xa que o coste é de 600.000€ fronte os máis de 19 millóns que ingresa o Concello en base os impostos veciñais. Estas actuacións deben ser unha prioridade, se o goberno local non o realiza antes do 28 de maio, coa nosa chegada a alcaldía sería unha das medidas de execución inmediata.