Ponteareas/ACiP | Estando o noso Concello entre os de maior afectados polo Covid-19, desde ACiP entendemos que non se debe baixar a garda, mellorar as medidas é imprescindible, e implantar novas en lugares onde non se está realizando coa habitualidad necesaria.
Entendemos que o Concello debe priorizar e poñer en marcha todos os medios que teña ao seu alcance para garantir a saúde dos nosos veciños, ante o cal detectamos que é necesario mellorar algunhas e poñer en marcha outras novas.
Detectamos que a Estación de Autobuses é un lugar onde non se está facendo ningún tipo de prevención, nin existe ningún tipo de desinfección de xeles para as mans onde diariamente pasan mozos e maiores que utilizan o transporte público, e as propias instalacións deixan moito que desexar en mantemento e limpeza.
Nos parques públicos que seguen abertos entendemos que é necesaria unha desinfección diaria, non como se está facendo só unha vez á semana, o cal é insuficiente por ser un lugar de contacto directo dos nenos.
No propio Cemiterio Municipal e Parroquiais non hai ningún tipo de control, nin desinfección, nin mantemento.
Nos centros escolares, tanto o Virxe dos Remedios, Ramiro Sabell, Fermín Bouza Brey e centros do centro urbano, recortáronse horas ao servizo de limpeza das tardes, algo inaudito nos momentos que estamos, pois o Concello obrigou ás empresas que realizan os servizos de limpeza a cambiar unha persoa no servizo da tarde para a mañá, o cal deixa o servizo incompleto e as tarefas de limpeza e desinfección non se realizan correctamente, con mais protestas de pais que ven obrigados a denunciar a situación ao “ Valedor Pobo” ante o silencio municipal, e a falta de resposta ás súas demandas máis que xustificadas.
O portavoz Municipal de ACiP lembra como meses atrás o propio persoal municipal preocupado polo recorte de medidas na casa do Concello, comunicounos a súa preocupación porque o goberno local había retirado a persoa que realizaba a desinfección diaria das instalacións, baños etc.. polas mañás. Preguntado por escrito por este grupo cal foi o motivo de dita retirada, a contestación da Concelleira responsable Cristina Fernández foi que non era necesaria, véndose obrigada hai dúas semanas a volver restablecer o servizo polas mañás ante a situación que se atopa Ponteareas, estas e outras teñen que ser una prioridade no día a día.
Este caso e outros nos fan solicitar ao goberno municipal que realice o gasto necesario para previr e evitar contagios en zonas de titularidade municipal, ao mesmo tempo que as medidas que toma a Xunta de Galicia, podendo melloralas e tomar outras máis indicadas para o noso Concello, tal como están a realizar noutros Concellos.