Ponteareas/ACiP | Xa van dous meses desde o inicio das obras adxudicadas á empresa XAC por un importe de 605.338,28€ segundo contrato. Ten un prazo de execución de 6 meses para terminar as devanditas obras, e xa leva consumidos 2 meses.
Cabe lembrar que esta obra que o goberno local adxudicou a unha empresa por ser a máis económica, erro desde o punto de vista técnico, pois o refrán non falla ”o barato sae caro”. Unha máis dun goberno que cando aparecen problemas desaparece, e só sae a través da prensa para xustificar ou acusar á oposición por dicir a verdade.
O lamentable é que estamos ante unha grave crise económica producida polas consecuencias do COVID-19, e o noso sector comercial esta sufrindo ditas consecuencias pola mala coordinación e seguimento do goberno local, que se nega a recoñecer erros e a rectificar verdadeiras chapuzas na regulación do tráfico e estacionamento, engadindo política de fustrigación con multas constantes, e nalgúns casos irregulares dos auxiliares de policía.
Durante o mes de decembro ditas obras estiveron literalmente paradas, e nin se lles ocorreu axustar o peche perimetral para poder autorizar mais zonas de aparcamentos, tal como suxeríronlle os comerciantes, sendo un agravio mais para a anulación de ducias de aparcamentos.
Dos dous meses que leva parada dita obra, a xustificación que sacou da chistera o goberno local é a aparición de tubaxes de fibrocemento, sendo unha falsidade mais, pois o propio orzamento xa ten reflectida dita instalación con substitución da mesma, ou é que seica nas demais obras que se realizan non aparecen ditas tubaxes?, pois procedese ao cambio como manda o proxecto e tema resolvido. É unha desculpa máis da incompetencia local, que contrata empresas ao barato e ocorre o que está a pasar, deixamento e deterioro do comercio local pola devandita situación.
Animamos a dicir a verdade ao goberno local, o porqué de estar paradas ditas obras, pois esta sendo cómplice unha vez máis coa empresa construtora non defendendo os intereses municipais. Dita paralización vén derivada porque a empresa adxudicataria tiña subcontratada na súa totalidade a realización da devandita obra, algo ilegal, pois a lei de contratación de obra pública do estado prohíbeo, pois esta situación sería competencia desleal, máis cando esta empresa na súa oferta di textualmente que só subcontratará a electricidade, telecomunicacións, iluminación e xestión de residuos.
Con todo isto a empresa estaría a falsear e incumprindo o contrato. A empresa subcontratada renunciou á realización da devandita obra, e agora a empresa adxudicataria está a buscar empresas tanto en Ponteareas como fora do Concello, co que queda só como conclusión as irregularidades do contrato. Advertimos que estaremos atentos ao desenvolvemento da obra, pois non consentiremos situacións irregulares e denunciaremos ditas prácticas nas administracións pertinentes.
O portavoz municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera defende a realización de obras pero está claro que para o goberno do BNG-PSOE as obras son un verdadeiro fracaso, atraso de meses en rematalas, empresas que escapan co diñeiro das certificacións e deixan débedas a subcontratistas de Ponteareas, obras de 3 meses segundo contrato e que as rematan en 16 meses, rúas cortadas durante meses, afundimentos constantes de rúas nos últimos tres anos, e un longo relato de descontrol é o resumo deste goberno, e ao final malgasto, pois o remate das mesmas custa miles de euros ao Concello de Ponteareas, que sumarán na débeda total do Concello, estando ao borde dos 5 millóns este ano, así nos vai.