Ponteareas/ACiP | Xa van dous anos dende que o noso grupo informou da deficiente situación dun muro de contención, que soporta a calzada da parroquia de Pías que conecta co barrio de Souto de Pazo.
A pesar de ser unha carreteira cun asfaltado recente, o muro de contención realizado polo Concello foi deteriorándose ata encontrarse nunha situación moi perigosa. Dende que Alternativa Ciudadana de Ponteareas avisou desta situación, o tempo pasou pero o Goberno Local (integrado por Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista) non realizou ningunha actuación a maiores de por valos amarelos e atornillalos o chan para que non caían.
A situación é de gravidade, xa que o paso do tempo aumenta a perigosidade da mesma ao agretarse todavía máis podendo causar accidentes de tráfico e danos nos vehículos que pasan pola zona a diario. A isto debemos sumar o paso de transporte pesado, como no caso dos camións que recorren a parroquia baleirando os contedores do lixo.
Juan Carlos González Carrera cualifica a situación de “lamentable”, xa que non pode ser que “despois de todo este tempo, se non esta arranxada é porque a BNG e PSOE non lles da a gana. Prefiren dilapidar o diñeiro municipal en vender un proxecto inexistente, en lugar de solventar as verdadeiras necesidades dos veciños”. Queremos aproveitar para reafirmar unha vez máis que as nosas parroquias tamén son Ponteareas, xa que nelas vive case o 50% da nosa poboación pero o 0% da atención por parte do Goberno Local.