Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas presentou no mes de outubro ante os medios de comunicación un comunicado de prensa, no cal expresaba o descontento social ca xestión externalizada do servicio de baleirado de fosas sépticas. Esta situación en lugar de arranxarse, desembocou nunha situación catastrófica na que a empresa directamente no realiza a labor para a que foi contratada.
Son moitos os veciños os que nas últimas datas se puxeron en contacto con nós ante a inacción municipal, xa que dende o propio Concello non lle recollen nin a instancia de solicitude de baleirado e dinlles que non se sabe cando se realizará porque a empresa non esta realizando o servicio.
Nesta semana Ponteareas alcanzou temperaturas superiores os 40° graos, converténdose esta situación nun auténtico problema de insalubridade. O asunto todavía é máis grave se temos en conta que dende o Concello pásanlle os veciños o contacto de varias empresas, para que contraten o servizo pola súa conta, pero ningunha delas do noso municipio, tendo autónomos ponteareáns que poden realizalo legalmente.
Ante esta situación de auténtico esperpento, o candidato a alcaldía por parte de ACiP, Juan Carlos González Carrera sinala que: “O goberno local, debido o seu estado de caos e descontrol, abandona un dos seus principais cometidos como é garantir a prestación dos servizos públicos. Os veciños reclaman respostas e a concellería responsable da a calada por resposta, mentres a alcaldesa aproveita para seguir escondida tras a mesa do despacho”.
Para a nosa formación a defensa do rural é un piar fundamental, por iso xa se avisou que coa privatización que BNG e PSOE realizaron deste servizo a xestión estaba sendo nefasta e o goberno, sempre a contracorrente, prorrógalles o contrato a sabendas das queixas xeneralizadas dende o inicio da privatización.
Este é un servizo que é indispensable, xa que existen máis de 7.000 veciños que non contan co saneamento. Nestes intres a situación agravouse e require dunha intervención de urxencia, xa que a empresa pasou de incumprir os pregos do contrato a non realizar nin tan sequera o servizo.