Ponteareas/ACiP | No día de onte, a Alcaldesa Cristina Fernández convocou unha reunión na que estaban convidada a Plataforma de Afectados da N-120, os colectivos sociais das parroquias e os partidos políticos, a excepción de Alternativa Ciudadana de Ponteareas.
Desta reunión ACiP non tivo coñecemento ata esta mesma maña, cando asistentes a reunión comunícanse con nós extrañados pola nosa ausencia a unha reunión destas características, xa que é de sobra coñecido que esta formación sempre estivo a carón desta plataforma e dos veciños afectados.
Para Juan Carlos González Carrera “este feito é indignante, xa que todos os grupos políticos da corporación representamos o pobo de Ponteareas. Non entendemos a actitude da alcaldesa, utilizando o Concello como o seu cortexo particular onde só invita a quen ela quere”.
Dende que asumiu o bastón de mando da cidade, observamos unha deriva caótica na xestión diaria, así como as cambadelas internas polo poder, cuestión na que facemos fincapé.
Con isto non entendemos que se nos exclúa de reunións primordiais, por moito que non gusten as nosas críticas o goberno.
Rexeitamos estas conductas discriminatorias cunha formación que conta con 4 representantes e solicitámoslle a Sra. Fernández que estes feitos non volva ocorrer, xa que parece non entender que o Concello é a casa de todos os ponteareáns.