Ponteareas/ACiP | Cando estamos a atravesar unha das maiores crises tanto económicas, sociais e de emprego como consecuencia dos efectos devastadores do COVID-19, o goberno do BNG-PSOE aprobou no pasado pleno anular ditas cantidades do orzamento para tapar os seus malgastes económicos e o incremento de gastos en salarios de dedicacións exclusivas do propio goberno.
Para o portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera resulta inaudito que no momento que estamos a pasar, o goberno local non sexa sensible coa situación que están de moitos dos nosos veciños, e que carecemos de datos claros da situación de moitas familias que non poden facer fronte ao día a día dos seus gastos pola precariedade do emprego, tendo máis de 1.927 veciños en paro na actualidade e sen visos de saída no mercado laboral.
Nos últimos anos Ponteareas é un dos Concellos cos impostos locais máis altos tanto de contribución como de imposto de rodaxe, lixo, auga e agora co incremento do recibo da luz que pertence ao goberno central.
No pasado pleno do día 29 de xuño, tentamos que o goberno local reconsiderase devandito recorte, pois o mesmo crea unha situación de incerteza tanto ás familias con recursos limitados, como a supervivencia de moitas das 1.764 empresas con actividade económica do Concello. Esta reconsideración por parte do goberno local non foi aceptada e aplicou o rodillo político cos seus votos, esquecéndose de algo tan importante que é garantir o benestar dos nosos veciños.
É importante lembrar que como consecuencia da situación do COVID-19, ACiP presentou varias propostas en plenos anteriores onde foron aprobadas por unanimidade por todos os grupos para o incremento da partida en axudas sociais, sumado á exención nos impostos locais das empresas que se viron abocadas ao peche forzoso durante o estado de alarma polo Covid-19 nos impostos do Lixo, Auga, Terrazas, e o propio IBI incluíndo o sector do taxi como afectados. Devanditos acordos plenarios o goberno local de BNG-PSOE non cumpriu nin os realizou unha vez mais.
“Como consecuencia da situación do COVID-19, ACiP presentou varias propostas en plenos anteriores onde foron aprobadas por unanimidade por todos os grupos para o incremento da partida en axudas sociais”
Ponteareas nos últimos datos económicos é un dos Concellos galegos con menor renda percápita dos veciños, situándoa en só 9.636 euros.
Xa é tarde, pero debemos entre todos aliviar unha situación de moitas familias, que tanto nas Parroquias como no propio centro urbano viven unha supervivencia difícil día a día.
Non é momento de incremento de gastos en dedicacións exclusivas por parte do goberno, é momento de estar todos na mesma liña de traballo. Xa haberá tempo de realizar outras actuacións de obras e investimentos mentres dure esta grave crise económica e social.
Os veciños esperan altura de miras por parte dos partidos políticos do Concello, e ACiP desde o primeiro momento o pasado ano puxémonos en posición de acordar e propoñer vías de alivio á situación que estamos a pasar, e seguiremos nesa liña de traballo pois non valen desculpas só valen solucións.