Ponteareas/ACiP | Como ben é sabido polos cidadáns da nosa cidade, Ponte Solidario é unha asociación que leva realizando unha labor vital en Ponteareas dende o seu nacemento, axudando a ante calquera emerxencia social da veciñanza.
Nas últimas semanas vivimos o insólito cambio de postura por parte do Concello de Ponteareas sobre a Estación de Autobuses, rompendo un acordo que xa tiña asentado coa Xunta de Galicia para realizar a reforma da mesma, facéndose cargo do 50% dos gastos cada unha das institucións.
Tras tentar modificar, a última hora, os termos deste pacto, o goberno local decide desfacerse dunha das súas responsabilidades como xestor municipal e remata entregando as chaves da Estación de Autobuses o ente autonómico.
En toda esta secuencia de movementos inadmisibles por parte de BNG e PSOE, danando o valor e a seriedade que debería ter un Concello da importancia do noso, existe unha irresponsabilidade todavía maior, xa que nas instalacións da Estación de Autobuses ten a súa sede o colectivo Ponte Solidario.
Recordemos que foron os partidos que conforman o goberno os que lle cederon a esta asociación un local no primeiro andar da estación de autobuses de Ponteareas, tras verse obrigados a deixar un local que lle estaba a prestar un particular.
O máis feo deste tema é que dende o Concello en ningún momento se sentaron a falar coa asociación, nin tan sequera propuxeron un novo local no que poidan establecerse. Polo tanto, BNG e PSOE mostran unha vez máis a súa irresponsabilidade a hora de xestionar, deixando o futuro de Ponte Solidario no limbo, dependente das decisións da Xunta de Galicia.
Como sinala Juan Carlos González Carrera, líder de ACiP: “O Goberno local é o único responsable dunha situación absurda, que non tería porque haber surxido. Provocaron que Ponte Solidario se atope ante unha gran inseguridade e sen respostas dende o Concello, xerando nerviosismo nas máis de 150 persoas que atenden”. Lamentablemente este é o funcionamento habitual do goberno, xerando conflitos onde non existían e despois, lanza constantes evasivas para evitar dar respostas. Os seu caos interno provoca que rematen rachando acordos e xerando grandes problemas a terceiros.
Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas manifestamos o noso total apoio á asociación Ponte Solidario e esiximos o Goberno local que remende esta situación canto antes, xa sexa chegando a un acordo coa Xunta para que o colectivo se manteña alí ou atopando un novo local que se adecúe as súas necesidades.