Ponteareas/ACiP | Juan Carlos González Carrera, candidato de Alternativa Cidadá para Ponteareas (ACiP) informou que a formación política presentou ante a Fiscalía de Vigo a situación da piscina municipal de Ponteareas polo risco real que supón para os seus 600 usuarios, “un tema de suma gravidade” para o Concello.
González Carrera acusou de “falta de responsabilidade e neglixenxia total” por parte do Goberno municipal BNG-PSOE pola “ocultación de documentos públicos” sobre o informe técnico da piscina municipal. Mencionou como principal responsable desta situación ao concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, a quen publicamente pediu a súa dimisión. Caso contrario, pediu á alcaldesa Cristina Fernández Davila “que actúe” ao respecto.
O candidato e voceiro de ACiP declarou que un informe técnico realizado o 28 de novembro pasado e que o Goberno municipal ‘ocultou’, advertiu de que a cuberta podería colapsar polo mal estado da viga central. “O 24 de xaneiro vemos en liña electrónica do web do Concello que o Goberno municipal fixo a contratación do servizo algo que que xa fixeran dous meses antes. Un asunto grave porque os contratos menores tense que pedir tres ofertas antes de facer a contratación” declarou González Carrera. “Pedimos amparo á secretaría do Concello. O venres 10 de febreiro solicitei persoalmente o informe e non me o dan. O concelleiro Miguel Bouzó din ter unha copia pero non existe ningún documento na Casa do Concello. O 13 de febreiro volvín a presentarme e se me da copia dese informe” asegurou González Carrera.
Unha vez estudado este informe “vímonos na obriga de acudir á Fiscalía por ocultación dun expediente que advirte do perigo que existe de derrube da cubierta” da piscina municipal onde días atrás autorizouse a celebración dun campionato galego de natación “a pesar da advertencia de perigo”.