Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas demanda a ACUAES (Aguas de las Cuencas de España), sociedade mercantil estatal que esta ligada o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a revisión de forma urxente do proxecto de mellora da depuradora de A Moscadeira, ante a falta de empresas presentadas o concurso. Esta empresa realiza un licitación de 7.032.753 euros e cunha infraestrutura executable en 30 meses, quedando o concurso deserto.
Moito nos tememos dende a nosa formación, que por parte do Ministerio estase a demoralo de forma premeditada, evitando realizar esta inversión de máxima urxencia para Ponteareas e toda a comarca, xa que os vertidos o Tea son prexudiciais tamén para as poboacións lindeiras.
A este proxecto non se presentou ningunha empresa, por unha cuestión económica, ao ser irreal esa contía fixada nos pliegos, que contan con problemas na súa redacción e impiden que teña uns criterios mínimos para que as empresas se presenten. Queremos remarcar que tras o acordo de Estado; Xunta de Galicia e Concello de Ponteareas, resulta inadmisible que este proxecto se estanque sen unha execución inmediata.
Como sinala González Carrera: “Esiximos que o goberno municipal se dirixa de forma inmediata o Ministerio de Transición Ecolóxica para que licite de urxencia un modificado do proxecto, evitando que se demore máis a posta en marcha desta infraestrutura”.
En Ponteareas levamos moitos anos pagando multas económicas de calado, debido os vertidos, chegando os 100.000 euros anuais. A par isto está provocando un dano ecolóxico irreparable, polo que a obra non pode dilatarse máis.
Esta instalación ademais, permitiría poder continuar cas obras de saneamento das parroquias de Ponteareas, xa que a Confederación Hidrográfica non permite a continuación destas tarefas ata que se realice a ampliación da depuradora.