ACiP presenta un plan estratéxico para impilsar o turismo de Ponteareas

“A vila conta con recursos naturais dabondo como para atraer a moitos visitiantes”


Ponteareas/ACiP | Potenciar o comercio e a hostalería de Ponteareas pódese facer dende moitos ámbitos. Un deles, claramente, está relacionado cun sector que no últimos anos está completamente esquecido na vila: o turismo. Dentro das súas propostas para as vindeiras eleccións municipais, ACiP presenta un plan estratéxico para potenciar este sector que aporta importantes beneficios para a economía local.

Plan que ten como eixo central o río Tea. Dende aquí a proposta de Alternativa Ciudadana de Ponteareas incide especialmente nas distintas praias fluviais do termo municipal. A das Pías (Fozara); a da Freixa, que é necesario recuperar pois foi un dos referentes para os ponteareáns e os visitantes foráneos, agora abandonada e onde pretendemos crear una zona de lecer nun terreo de 25.000 metros cadrados, alén de recuperar as ruínas da primeira central hidroeléctrica do Condado.

O plan estratéxico tamén contempla intervencións de recuperación nas praias de San Roque, A Moscadeira, unha das máis importantes por estar preto do casco urbano (e onde tamén se contempla habilitar un terreo de 20.000 metros cadrados), as Partidas e na parroquia de Nogueira, onde existe unha débeda pendente con esta parroquia porque a súa praia está nunha situación estratéxica e pola biodiversidade alí existente.

Do mesmo xeito ACiP pretende crear diferentes roteiros para a práctica deportiva, con percorridos que, segundo os estudios médicos de referencia e para as distintas prácticas deportivas, roldarán entre os 45 e os 60 minutos de duración e que ben poderían denominarse “ruta do colesterol”.

Alén diso tamén se contemplan a habilitación de roteiros turísticos, principalmente cerca do río e atravesando lugares de interese no concello. Neste sentido, unha das apostas máis fortes de ACiP é, segundo o seu portavoz e candidato á alcaldía, Juan Carlos González Carrera, “a que se coñece como ruta das cinco irmás, percorrido de case que 80 quilómetros de lonxitude que percorre tres concellos: Ponteareas, A Cañiza e Salvaterra. Chámase así porque pasa por cinco altos montañosos dende onde podes ver sempre os outros catro. Aquí temos que levar nós a iniciativa, pois o roteiro comeza en Ponteareas, na Ponte das Partidas, e trátase dunha aposta clara polo turismo que mestura natureza e deporte”.

Ligado ao anterior, o Plan Estratéxico de ACiP aposta tamén pola recuperación e reapertura do Cámping de A Freixa, de titularidade municipal, ou a habilitación dun aparcadoiro para autocaravanas; “un tipo de turismo crecente nos últimos anos e do que están a sacar proveito outros concellos como Mondariz, Salvaterra, As Neves ou Arbo e que aquí en Ponteareas no hai”, asegura González Carrera. Segundo o candidato de ACiP, “a nosa proposta contempla a creación dun aparcadoiro para 25 autocaravanas, preto de Angoares e A Moscadeira, do centro urbano e da senda verde”.