Salceda de Caselas |O Concello de Salceda de Caselas realizará mañá venres un acto de recoñecemento futbolístico a Denis Suárez, que tivo os seus comezos no Celta de Vigo e que agora é xogador do Manchester City, e que ademáis, recentemente, debutou na Eurocopa na selección sub-19, proclamándose campiona europea.
O Concello de Salceda, aprobeitando a súa visita á terra natal, Parderrubias, quere facerlle un recoñecemento especial a unha persoa que entrega o seu esforzo e esmero no mundo do deporte, desexando que a súa carreira continúe crecendo, levando o nome das súas raíces do pobo ao que pertence.
O acto terá lugar na praza do concello, próximo á Casa da Cultura mañá venres ás 20:30, onde a Concelleira de Deportes Marina Cabaleiro, e o Alcalde Marcos Besada, serán os encargados de presidir o acto, xunto con Denis Suárez.
É moi importante sentirse orgullosos do esforzo e constancia que empregan as persoas pertencentes ao mundo do deporte, e dende o Concello de Salceda de Caselas queremos potencialo. Por iso nos implicamos no deporte en Salceda para que os pais poidan ter ao seu alcance instalacións e escolas deportivas que fomenten a práctica do deporte en xeral”. Asegura Marina Cabaleiro.
Estamos orgullosos de que o nome de Salceda de Caselas sexa tan coñecido no mundo, por iso temos que seguir dando os servizos necesarios para que as persoas poidan establecer unha carreira profesional ou simplemente disfrutalo como ocio. O sacrificio permite que non haia nada imposible senón difícil. Afirma Marco Besada.