Tui | As pistas municipais de tenis de Areas foron obxecto nas últimas horas de actos vandálicos, que se repiten nestas instalacións causando numerosos destrozos.
Antes este feitos o Concello de Tui presentou esta mañá denuncia no cuartel da Garda Civil. Previamente a Policía Local personouse no lugar tras recibir a comunicación dos festios e elaborou o correspondente informe.
Hoxe, en concreto, apareceron diversas pintadas nas instalacións anexas ás pistas. Amais rexistrouse a rotura dos pomos das portas e unha ventá rota e as redes das pistas foron atopadas nas inmediacións entre a maleza e faltan os postes que as suxeitan. Por outra parte unha cadeira apareceu colgada da porta principal e outras tres penduradas por un cable nunha ponte próxima.
Dende o Concello de Tui laméntase estes feitos, que se teñen rexistrados xa noutras ocasións nestas instalación, e saliéntase a repercusión negativa que os mesmos teñen tanto na actividade deportiva do club de tenis, como no gasto de fondos municipais que conleva para repor o material deteriorado. Faise amais un chamamento á responsabilidade e o civismo agardando que estes actos vandálicos no se volvan producir.