Mondariz Balneario | A Deputación Provincial de Pontevedra, ao abeiro da Liña 2 do Plan Máis Provincia 2024 concedeu a axuda de 4.235,00€ co obxecto de actualizar o inventario municipal no soporte informático de xestión e mantemento, actualización de diversas capas, actualización de cartografía catastral, cruce de datos de vías e numeración municipal, altas de propiedades e outros traballos complementarios.
Por outra banda, a Deputación, ao abeiro do Programa “O teu espazo xuvenil” concedeu unha axuda de 2.100€ para adquisición de equipamentos inventariables necesarios para o funcionamento do local destinado a uso pola mocidade, no noso caso a adquisición consta de mesas e sillas para acondicionar o espazo.