Tomiño | ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño) organiza unha Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de Arte, que terá lugar no Mercado de Tomiño, os días 27 e 28 de febreiro, con horario de 10:00 a 20:00 h.
ADETO organiza a feira de oportunidades cunha mestura de comercio de oportunidades, elaboracións artesanais e unha exposición artística a cargo de pintores e escultores da comarca.
Este ano repítese no novo Mercado de Tomiño. No andar superior o visitante poderá adquirir a prezo de oportunidade artigos dos comercios participantes cunha gran variedade de xénero, textil para home, muller, infantil, moda íntima, complementos, bisutería, calzado, xoguetes, deportes, beleza.… Nos soportais que rodean ó Mercado estarán artesáns nun dos laterais, e no outro o a exposición de pintura e escultura.