Ourense | Desde o BNG sinalan que vén de saír publicado o proxecto de expropiación para o paso a nivel de Peliquín que, tamén consta que o proceso de licitación deste proxecto vai moi adiantado por parte de ADIF, a formación nacionalista afirma que esta proposta é “facer un muro de formigón de máis de sete metros de alto” e que “vai deixar absolutamente illada á veciñanza de Peliquín”.
O portavoz nacionalista, Luís Seara sinala que “este proxecto é unha barbaridade, sobre todo tendo en conta que hai alternativas mellores” dentro destas alternativas fai fincapé en “alternativas mellores e viables como as que formula a propia veciñanza: un paso soterrado para peóns e vehículos”.
O portavoz nacionalista sinala tamén que desde o Concello de Ourense “son os primeiros en dicir que se fan os peores proxectos para Ourense desde otras administración mais neste caso tamén foron os primeiros en non pensar na cidade, en aceptar un proxecto daniño para a veciñanza e para a cidade”
O BNG insta a que o gobernó local “faga o seu traballo e pidan unha reformulación do proxecto, non podemos agardar a ver construido ese muro para que se dean conta de que é unha mala solución para a cidade e para a veciñanza de Peliquín”.