Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de adxudicar as obras de construción dunha pista polideportiva na Casa de Cultura de Soutolobre por un importe superior aos 27.000€, unha obra financiada a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.
Co fin de ampliar a oferta e mellora das instalacións deportivas para os seus veciños e veciñas, e tendo en conta que a parroquia de Soutolobre tivo un incremento moi importante nos últimos anos de poboación infantil, o Concello empezará en breve coa construción desta pista polideportiva que ademais contempla a construción dun muro de contención do terreo polo que descorre a estrada que da aceso a Casa de Cultura. Ao rematar o muro, colocarase unha varandilla metálica para a seguridade dos viandantes