Santiago de Compostela | A Xunta de Galicia acaba de recoñecer no Parlamento Galego, que as célebres máquinas “cedidas” por Amancio Ortega á Sanidade Pública Galega, para o tratamento do cancro: “están instaladas nun Centro Privado (Centro Oncolóxico da Coruña) que as utiliza para tratar a pacientes dos seguros privados”.
Para a Asociaciación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), isto é un despropósito, por:
1º.- É un paso mais, no camiño do desmantelamento dá Sanidade Pública. A cesión de recursos tecnolóxicos a un Centro Privado supón unha privatización de recursos públicos para beneficiar a Centros Privados e abaratar costes aos seguros .
2º.- Corrobora a denuncia que fixo a AGDSP de que “as doacións privadas a sanidade pública, ademáis de conseguir desgravacións fiscais e servir de márketing empresarial, atentan contra a planificación racional dos recursos do Sistema Público, responden a intereses do sector privado e xeran desigualdade”.
3º.- Demostra, como a Xunta do PP, engana, para favorecer intereses privados, como denuncia o Consello Galego de Contas que critica que “as necesidades dunha entidade privada se inclúan nun contrato do Goberno Galego coma se fosen públicas”. Isto lles permite recibir compensacións económicas facendo ” trampas” na contabilidade dos ingresos.
4º.- Para disimular a cesión de recursos públicos a unha entidade privada, a Xunta fixo unha nova “trampa”: asinando o convenio de cesión ao Consorcio Oncolóxico e non directamente ca Fundación. Unha proba mais dos desastres asociados as Novas Formas de Xestión dá Sanidade Pública acollidas ou dereito privado.
5º.- Non entendemos que fai o Concello dá Coruña en semellante Consorcio? controlado polo socio privado.
Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, seguiremos denunciando os despropósitos deste goberno da Xunta de Galicia do PP, que esperemos empece a cambiar nas vindeiras eleccións.