Tui | A postal presentada pola alumna de 5º curso de Educación Primaria do CEIP de Rebordáns, Alba Míguez Martínez, acadou o primeiro premio do Concurso de Postal de Nadal 2022 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano 2022.
A responsable da Concellería de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que a finalidade deste certame escolar, que por terceiro ano convoca o Concello de Tui, é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello.
A concelleira expresa a súa satisfacción pola participación neste certame que contou con postais enviadas por alumnado do CEIP`s de Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, e Rebordáns así como o Colexio Santa María – Maristas Tui.
O xurado acordou conceder o segundo premio á postal presentada por Xavier Rodríguez Collazo, de 5º EP do CEIP de Guillarei e o terceiro á tarxeta de Maia Corcobado Diéguez, de 5º EP do CEIP de Rebordáns.