A Cañiza | Acompañado por Carlos Garrido, Xerente de Noroeste Gestión de Activos e Jesús Fernández e Julio Ruíz, Xestores de Operación, o Alcalde Luis Piña visitou o pasado 22 de febreiro as instalacións de “Acciona Energía” na Cañiza con base e oficinas no Polígono Industrial Ribadil II.
Implantada no ano 2001, dende este Centro de mantemento dase soporte aos parques eólicos Deva (A Cañiza), Tea (Melón-Covelo), Fonteavia (Avión) e Bidueiros (A Lama e Fornelos de Montes). En total 170 muíños cunha potencia agregada de 175 Megawatios.
Toda a instalación pertence a Acciona Energía, 1ª empresa mundial de xeración 100% renovable. A nivel nacional conta con máis de 10.000 MW de enerxías limpas. Presente en 16 países, na Cañiza ten en nómina a 27 empregados, 15 deles do Municipio. Dende este centro saen diariamente os equipos de mantemento para traballar no interior dos aeroxerenadores e desenvolver labores de mantemento preventivo e correctivo durante todo o ano.
Ésta é a quinta empresa que visita o Alcalde dende que o pasado 16 de xaneiro accedera ás instalacións de Reciclados Plásticos Ribadil S.L., no marco dun programa de promoción e impulso do tecido industrial, empresarial e comercial no noso Concello. Un programa que ten como obxectivo principal dar visibilidade ás empresas que operan no polígono industrial da Cañiza e tamén relanzar a excelente posición e posibilidades da Cañiza para o asentamento de novas empresas.
Nesta ocasión o Alcalde tivo a oportunidade de coñecer as instalacións de “Acciona Energía”, unha empresa que dende o ano 2001 contribúe no desenvolvemento económico da Cañiza, grazas aos 27 postos de traballo que mantén. “Un traballo de calidade” recalca o Xerente de Noroeste Gestión de Activos, Carlos Garrido . Tamén é de destacar a contribución económica de Acciona ao canon eólico por un importe de 275.000€ ao ano, ademáis dos impostos ordinarios.
En palabras do Alcalde. “A pesares das crises económicas que provocaron o desmantelamento de moitas empresas na Cañiza, asociadas sobre todo ao sector da construcción, aínda son moitos os postos de traballo que manteñen as empresas asentadas no polígono industrial Ribadil I e II e o Parque Empresarial Uceira”.
“Con todo o Equipo de Goberno sigue traballando para dotar de máis chan industrial, empresarial e comercial ao noso Concello aproveitando as excelentes comunicacións terrestres e que A Cañiza é a porta de entrada á Plisan e a Vigo”.
Ademáis facilitamos as empresas a busca das parcelas máis axeitadas en función da súa actividade ou necesidades e dende a Gobernanza nos poñemos a dispor das mesmas para axilizar os trámites administrativos que lle correspondan ao Concello. Ésta é a mensaxe que se quere transmitir dende o Concello: “actuar como catalizador de proxectos empresariais cara a nosa contorna e cara A Cañiza, un territorio con grandes potencialidades e oportunidades industriais.