Santiago de Compostela | A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, mantivo unha xuntanza ca Alcaldesa de Compostela Goretti Sanmartín (BNG) e María Rozas (Compostela Aberta).
O motivo era a preparación da Gran Manifestación que convocamos dende a Plataforma, para o vindeiro 4 de febreiro do 2024, as 12 h. dende a Alameda de Compostela e con remate na Praza do Obradoiro.
Informamos dos motivos da mesma e da necesidade de dar unha resposta na rúa do que pensamos a cidadanía de como está a Sanidade Real no noso País. Propuxemos a presentación dunha Moción para ser debatida no Pleno do día 29 de xaneiro.
A xuntanza foi moi cordial cordial e con importantes acordos.
Na foto aparecen Xosé Mª Dios, Manuel Martín, Goretti, Mª Rozas, Pili Lueiro e Jose Manuel -Marcote.