O Porriño | Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, acudiu ás instalacións do Grupo Zendal no municipio para recibir e acompañar a Carolina Darías, ministra de Sanidade, para coñecer de primeira man o proceso de elaboración de vacinas contra a Covid.
Nas instalacións de “Biofabri”, unha das plantas do Grupo Zendal, en alianza coa compañía farmacéutica americana “Novavax”.
Así mesmo, as instalacións de “Biofabri” en Porriño están a traballar no desenvolvemento doutra vacina, exclusivamente española, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
A ministra mantivo unha xuntaza de traballo cos responsables do Grupo Zendal e realizou unha visita ás instalacións. Estivo acompañada pola alcaldesa do Porriño e tamén por María Jesús Lamas, directora da Axencia Española do Medicamento e Javier Losada, delegado do Goberno central para Galicia.
No pasado mes de novembro foi o ex-ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen visitou as instalacións do Grupo Zendal no Porriño, tamén en compañía da alcaldesa, momento que se corresponde coa imaxe adxunta.